O alcalde Ángel Moldes fixo entrega esta tarde dun agasallo a Sabela Martínez e a Martín Expósito como recoñecemento do Concello de Poio polos seus últimos éxitos deportivos.
Martín Expósito Rial, veciño de San Salvador, é campión de España C-1 júnior, mentres que Sabela Martínez Peón, de Raxó, proclamouse recentemente campiona de España sub 18, 3000ml.
“Os vosos éxitos son o noso orgullo. Sodes un exemplo de traballo e de perseveranza”, destacou Moldes, que lle trasladou “os seus mellores desexos” para o resto da tempada.