Recibimento ao alumnado do Instituto Arxentino-Galego de Bos Aires

17/09/2024

O alcalde, Ángel Moldes, recibiu esta fin de semana no Concello de Poio a un grupo de 22 alumnos e dúas profesoras do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires que están facendo estes días a súa tradicional viaxe de estudos a Galicia, previa á conclusión dos seus estudos secundarios. Trátase da 16ª promoción do centro da Fundación Galicia América, con idades entre os 17 e 18 anos, e que fixeron parada en Poio para visitar, entre outros lugares, Combarro e o Parque da Memoria. Moldes fíxolles entrega de varios exemplares de libros sobre o municipio, así como pulseras, pins e a bandeira de Poio, ao tempo que puxo en valor os lazos de unión entre Galicia e Arxentina, destacou a relación de Cristóbal Colón con Poio así como a importancia do mar e do turismo para o municipio.

O alumnado fixo, xa na praza do Concello, unha demostración de canto e baile galegos, coa canción Midas das Tanxugueiras.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio