Proxecto para acondicionar o firme e crear unha senda peonil e carril bici entre Chancelas e Combarro

27/11/2024

O Goberno conseguiu unha subvención da Xunta para executar este proxecto que se realizará nunha actuación única.

O Goberno local acaba de conseguir unha subvención da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Cooperación Local, para acondicionar o firme e crear un carril bici e senda peonil entre Chancelas e Combarro.

Un proxecto que ascende a 512.000 euros e que será financiado ao cincuenta por cento entre o Concello de Poio e a administración autonómica. Será unha actuación única no Camiño Real de Chancelas, no tramo que vai entre os camiños da Bouza eo Camiño Loureiro.

O alcalde, Ángel Moldes, destaca que esta actuación é prioritaria para mellorar a accesibilidade e a comunicación entre o núcleo da Bouza e Combarro, unha vía municipal que neste momento está nun importante estado de deterioro nalgúns puntos, producido pola circulación de vehículos e a erosión orixinada pola auga.

O proxecto inclúe a mellora e rehabilitación do firme existente mediante a instalación de cunetas de evacuación de augas pluviais no camiño indicado, así como o reasfaltado do mesmo, mellorando o acceso ás parcelas agrícolas existentes, e limitando a plataforma para o tráfico rodado aos 4 metros de anchura, o cal unido á creación e inicio dunha senda peonil e ciclista cunha anchura mínima de 2,5 m que integre e una dun xeito sostible as parroquias os núcleos de A Bouza e Combarro, conferirán a este tramo dunhas características especiais que fomentarán o transporte sostible e o calmado do tráfico existente.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio