PROMOCIÓN ECONÓMICA INICIA UNHA NOVA EDICIÓN DO SEU PROGRAMA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA FOMENTAR A BUSCA DE EMPREGO

12/01/2024

2023. Este mércores 8 de febreiro a Concellería de Promoción Económica inicia unha nova edición do seu programa de formación, logo do éxito acadado durante a anterior convocatoria, na que se encheron o 100% das prazas ofrecidas. O edil delegado da área, o socialista Gregorio Agís, explica que esta oferta gratuíta organízase de novo tendo en conta a alta demanda por parte da cidadanía. “Deseñamos esta programación en base ás peticións que nos traslada a veciñanza”, sinala. Así, o ciclo que inaugurará esta edición será o de loxística e distribución con carretilla elevadora, que concluirá o 3 de marzo. Posteriormente, ata o día 31 do citado mes, chegará a quenda do curso de caixa e reposición, mentres que a terceira quenda corresponderá á de expendedor de combustible, do 12 de abril ao 5 de maio”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio