Preto de 350 persoas participarán este domingo en Poio na Papanoelada moteira da Rosa dos Ventos

17/12/2025

A AC Leucoíña organiza a “Tardeboa” e “Tardevella” na Praza da Chousa, con animación, música e festa para toda a familia. Continúa o Mercadiño de Nadal con postos de artesanía, decoración de Nadal e agasallos para estas festas.

Dentro da programación de Nadal organizada polo Concello de Poio, este domingo, día 21 de decembro, celebrarase unha nova edición da tradicional Papanoelada Moteira da Asociación A Rosa dos Ventos, na que está prevista a participación de preto de 350 persoas.

Con saída ás 17.00 desde A Reiboa, en San Xoán, a rutamoteira percorrerá todas as parroquias do municipio, con parada en Combarro, para seguir contaxiando a ilusión e a maxia do Nadal entre a veciñanza.

Trátase dunha das citas tradicionais do Nadal en Poio, na que non faltarán a música, os caramelos e a animación, así como a degustación de callos e chocolatada para as persoasparticipantes, ademais detrofeos e premios ás tres motociclistas mellor adornadas do evento.

Desde o Concello poñen en valor o carácter participativo da programación do Nadal en Poio, que contacoa colaboración das asociacións e entidades locais que, como no caso da Rosa dos Ventos, se implican para encher de vida e ilusión as rúas do municipio durante estas datas tan sinaladas.

TARDEBOA E TARDEVELLA NA PRAZA DA CHOUSA, COMBARRO

Tamén a AC Leucoíña organizará este ano a “Tardeboa” e “Tardevella”, os días 24 e 31 de decembro a partir das 18.00 horas na Praza da Chousa, en Combarro. Un “tardeo” pensado para todos os públicos, que se organizará por primeira vez este ano e que promete moita animación na rúa e música en directo co DJ Arrow. Desde a asociación convidan a todos os asistentes a vestir os tradicionais xerseis e accesorios de Nadal, para contribuír ao ambiente festivo destas xornadas.

Tamén en Combarro, continúa aberto ata o 4 de xaneiro o Mercadiño de Nadal organizado tamén por Leucoíña, con postos de artesanía, decoración de Nadal e agasallos para estas festas. O horario de apertura son osfins de semana e festivos, de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas; e os venres, de 16.30 a 20.30 horas.

Tanto a Papanoelada Moteira como a “Tardeboa”, a “Tardevella” e o Mercadiño de Nadal forman parte da ampla e variada programación de Nadal organizada polo Concello de Poio, unha proposta participativa, que conta coa colaboración de numerosas asociacións e colectivos e que non só dinamiza as rúas e enriquece a vida social e cultural do municipio, senón que tamén impulsa o comercio e a hostalería local, promove o turismo de proximidade e favorece a convivencia da veciñanza.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio