PRETO DE 30 MULLERES FORMÁRONSE NO CURSO GALEGAS DIXITAIS, QUE CONCLÚE ESTA SEMANA

13/01/2024

2023.

28 mulleres de Poio formáronse con novas competencias tecnolóxicas a través do curso Galegas Dixitais que conclúe esta semana, tras máis de un mes de formación no Pazo Besada. O alcalde de Poio, Ángel Moldes, e a concelleira de Promoción Económica, Maritxe González, visitaron esta mañá ás alumnas, ás que agradeceron a súa implicación durante este tempo.

Todas as persoas que se anotaron no curso recibiron xa desde o inicio un ordenador portátil a modo de agasallo, para poñer en práctica todo o aprendido durante a formación, e unha vez completado todo o curso, entregaráselles tamén un título oficial acreditativo.

O obxectivo do curso é mellorar a empregabilidade das participantes, impulsar o emprendemento e reducir a fenda de xénero. Este programa é totalmente gratuíto para as alumnas, está promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e financiado a través dos fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. 

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio