“Este club é un exemplo de paixón polo deporte, e a súa canteira é un referente dentro e fóra do noso concello”, subliña Tucho Muíños.
O concelleiro de Deportes, Tucho Muíños, sumouse onte pola tarde á presentación da nova tempada de ciclocross para o Poio Bike Club, aos que lle desexou os maiores éxitos deportivos.
A tempada comeza xa este domingo en Gijón, disputando a Copa de España de Ciclocross, onde o equipo de Poio terá presenza nas categorías infantil, cadete masculino e feminino, júnior, elite e máster masculino e feminino, cun total de doce corredores.
“Este club é un exemplo de paixón polo deporte, e a súa canteira é un referente dentro e fóra do noso concello”, subliña Muíños. Así, tamén disputarán a Copa Galicia, o Europeo que se celebra en Pontevedra así como outra cita relevante esta tempada, como é o Campionato de España nas Pontes.
Este equipo está formado pola base do Poio Bike Club e, segundo o seu presidente, Frascisco Albar, “o traballo e o amor polo ciclismo e o deporte son os piares fundamentais para chegar ao máis alto”. Nesta mesma liña, tamén trasladou o seu agradecemento ao Concello de Poio e outras institucións e empresas pola súa colaboración para “que esta tempada sexa aínda máis ilusionante”.