Forma parte do plan iniciado por Concello e empresa adxudicataria para modernizar a flota e ofrecer un servizo máis eficiente, sostible e adaptado ás necesidades actuais.
O Concello de Poio continúa avanzando na mellora dos servizos públicos coa incorporación dunha nova varredora de última xeración destinada a reforzar a limpeza viaria en todo o municipio.
Esta nova adquisición enmárcase dentro do proceso de modernización da flota que a empresa concesionaria Valoriza está a desenvolver nos últimos meses, co obxectivo de optimizar recursos, mellorar a eficiencia operativa e ofrecer un servizo máis áxil e eficaz á veciñanza.
Con esta incorporación, Poio xa suma dúas máquinas varredoras activas, o que permitirá ampliar frecuencias, reducir tempos de intervención e actuar con maior capacidade de resposta, especialmente nun concello de ampla extensión territorial.
A nova máquina prestará servizo durante todo o ano, de luns a sábado, con especial atención ás zonas peonís, prazas e espazos de maior tránsito, contribuíndo a manter unha imaxe coidada do municipio e a mellorar a calidade de vida da cidadanía.
O seu equipamento inclúe sistema de varrido mecánico, soplador e sistema de baldeo mediante lanza de presión (kärcher), ademais dun depósito de auga cunha capacidade de 600 litros, o que permite realizar intervencións máis completas e eficaces nun único desprazamento.
A varredora forma parte dun paquete de renovación que abrangue un total de doce novos vehículos e equipos, entre os que se inclúencatro furgonetas para servizos comúns e limpeza viaria, un camión de carga lateral e outro con grúa e plataforma; catro carros portacubos; e papeleiras, desbrozadoras e soplantes para a limpeza viaria e un camión de gran capacidade. Este investimento supón unha aposta clara pola modernización do servizo, incorporando vehículos máis eficientes e adaptados ás esixencias ambientais actuais, reducindo emisións e mellorando o rendemento dos traballos diarios.
Desde o Concello destacan que esta renovación non só mellora a operatividade do servizo, senón que tamén reforza o compromiso coa sostibilidade e coa imaxe dun Poio máis limpo, coidado e atractivo tanto para a veciñanza como para quen visita o municipio.