2023. A concelleira de Cultura, a nacionalista Raquel Rodríguez, detallou este luns os detalles da que sen dúbida é unha das grandes citas do programa Vive o Nadal en Poio: a chegada dos Reis Magos, que neste 2023 volven por fin ao concello para poder visitar á veciñanza e, especialmente, ás crianzas, con total normalidade. “Logo de dous anos onde as restricións sanitarias nos condicionaron de forma inevitable, volvemos recibir ás súas Maxestades de Oriente por todo o alto, nunha xornada que queremos que sexa máxica e inesquecible para as cativas e cativos de Poio”, explica a edil do Goberno local.
Este ano centrarase en homenaxear ás persoas que impulsaron esta festa que celebra a súa XXXVI edición. Azúcar Moreno actuará...