Poio inicia os trámites para licitar a mellora da contorna das rúas Río Sil, Río Umia e Río Oitavén, na Caeira

12/04/2026

O proxecto conta cun orzamento de licitación de 794.783,19 euros e contempla reurbanizar e mellorar o vial, renovando o firme e reorganizando o espazo público. A maiores, mellorarase a accesibilidade, eliminando barreiras, así como as infraestruturas, con nova drenaxe, canalizacións soterradas e renovación do alumeado. O proxecto inclúe tamén a creación dunha conexión peonil entre as rúas Río Sil e Río Tambre e a rehabilitación do espazo infantil e deportivo para convertelo nun punto de encontro interxeracional.

O Concello de Poio inicia os trámites para licitar a execucións das obras de mellora da contorna das rúas Río Sil, Río Umia e Río Oitavén, na Caeira, cun orzamento de 794.783,19 euros.

A Xunta de Goberno local aprobou esta semana o prego de cláusulas administrativas, que dispón un prazo de 20 días naturais para que as empresas presenten as súas ofertas a partir da publicación do anuncio no Perfil do Contratante.

O proxecto contempla reurbanizar e mellorar o vial, renovando o firme e reorganizando o espazo público. A maiores, mellorarase a accesibilidade, eliminando barreiras, así como as infraestruturas, con nova drenaxe, canalizacións soterradas e renovación do alumeado. O proxecto inclúe tamén a creación dunha conexión peonil entre as rúas Río Sil e Río Tambre, acondicionando a corredoira con firme e escaleiras. Rehabilitarase ademais un espazo deportivo e infantil, converténdoo nun punto de encontro interxeracional con campo multideportivo, zona de xogos e bancada.

Este proxecto está financiado integramente pola Deputación de Pontevedra, a través do plan +Provincia, e é unha das actuacións que o Concello de Poio inclúe no Plan A Caeira-Boavista, que presentou hai unhas semanas o alcalde, Ángel Moldes, á veciñanza da zona. Un plan que en global ascende a 3,4M€ e que inclúe outros proxectos con actuacións tamén en Illa de Ons, Illa de Tambo, Río Miño, San Antoniño e Illa de San Simón, entre outras.

Ademais deste proxecto, esta mesma semana o Concello de Poio iniciou tamén o procedemento para adxudicar a creación das pistas de atletismo na Seca, cun orzamento de 184.000 euros.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio