A contratación, cofinanciada pola Unión Europea a través da Xunta de Galicia, busca mellorar a empregabilidade da mocidade.
O Concello de Poio contratou un técnico superior en animación sociocultural inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Durante nove meses, colaborará na planificación e na posta en marcha das actividades socioculturais do municipio.
A experiencia permitirá ao técnico mellorar a súa cualificación e desenvolver competencias profesionais e técnicas no seu ámbito. A iniciativa busca ampliar as súas oportunidades de emprego e favorecer a súa incorporación ao mercado laboral de forma sostible.
