POIO HOMENAXEA O DOMINGO A DEZ MATRIMONIOS QUE CELEBRAN ESTE ANO AS SÚAS VODAS DE OURO

13/01/2024

2023.

O Concello de Poio homenaxea este domingo a dez matrimonios do municipio que celebran este ano as súas vodas de ouro. O acto será na Casa Rosada ás 17.30 horas, e ademais do alcalde Ángel Moldes, da concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, e doutros membros da corporación, tamén asistirán familiares e amigos das persoas homenaxeadas.

Dos 146 matrimonios que celebraron a súa voda en Poio en 1973, 32 deles fixeron a súa vida en Poio e teñen a sorte de vivir os dous membros, e finalmente serán, por circunstancias persoais, dez matrimonios os que participen nesta homenaxe organizada polo Concello de Poio.

Nos días previos á homenaxe, os matrimonios xa están participando en xornadas con entrevistas para coñecer a súa historia, as súas lembranzas, anécdotas, descendencias, reflexións e moitas das ilusións que quedan por vivir, que se rememorarán o domingo durante a homenaxe.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio