O acto será ás 17.00 horas na Casa Rosada.
O Concello de Poio homenaxea este domingo a dezanove matrimonios do municipio que celebran este ano as súas vodas de ouro. O acto será na Casa Rosada ás 17.00 horas, e ademais do alcalde Ángel Moldes, da concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, e doutros membros da corporación, tamén asistirán familiares e amigos das persoas homenaxeadas.
Dos preto de 120 matrimonios de Poio que celebraron a súa voda en 1975, serán finalmente, por circunstancias persoais, 19 matrimonios os que participen nesta homenaxe organizada polo Concello de Poio.
Nos días previos á homenaxe, os matrimonios xa están participando en xornadas con entrevistas para coñecer a súa historia, as súas lembranzas, anécdotas, descendencias, reflexións e moitas das ilusións que quedan por vivir, que se rememorarán o domingo durante a homenaxe.