Poio dá a benvida a quince bebés nados nos últimos tres meses

20/10/2025

Ángel Moldes: “Queremos que o noso municipio sexa un lugar para gozar, para vivir, para crear fogar, para medrar. Un lugar onde cada familia sinta que ten apoio, oportunidades e un entorno que a coida”.

O Concello de Poio deu esta mañá a benvida a quince novos bebés nados nos últimos tres meses: Fátima Zhara, Luca, Bruno, Ezaquiel, Arya, Álvaro, Lía, Unai Andrei, Luca, Marina, Marc, Álvaro, Guillermo, Rubén Darío e Guillermo.

O alcalde participou no acto de recepción ás familias e fixo entrega dun pequeno agasallo como mostra do agarimo e da importancia que teñen para o Goberno local.

Durante o encontro, o rexedor lembrou que o Concello aposta por políticas que acompañen ás familias desde o primeiro momento: na crianza, na conciliación, no acceso a servizos e na creación de espazos onde poder gozar e medrar xuntos.

“Queremos que o noso municipio sexa un lugar para gozar, para vivir, para crear fogar, para medrar. Un lugar onde cada familia sinta que ten apoio, oportunidades e un entorno que a coida”, subliñou o alcalde.

Con esta iniciativa, o Concello de Poio quere recoñecer e celebrar a chegada de novos membros á comunidade, reforzando o compromiso de crear un entorno amable, seguro e cheo de oportunidades para todas as familias. Porque cada nacemento é tamén un motivo de esperanza e futuro para o municipio.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio