POIO CONTA CUN NOVO APARCAMENTO DISUASORIO NA RÚA DO ADRO, EN SAN SALVADOR

13/01/2024

2023.

“Seguimos dando pasos importantes para cumprir un dos puntais do noso programa, a dotación de estacionamento, fundamental para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e favorecer a actividade económica no noso concello”, indica Marcial García. Nos próximos días abriranse dous novos aparcadoiros na contorna do Centro de Saúde e traballan para seguir dotando de prazas a outras parroquias como Combarro.

O Concello de Poio conta cun novo aparcamento disuasorio gratuíto coa apertura dunha finca na rúa do Adro, en San Salvador. O concelleiro de Obras e Servizos, Marcial, García afirma que “seguimos dando pasos importantes para cumprir un dos puntais do noso programa, a dotación de estacionamento, fundamental para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e favorecer a actividade económica no noso concello”.

A apertura deste aparcamento na rúa do Adro faise días despois de anunciar tamén a posta en funcionamento do párking na antiga finca de Coca-Cola. Son prazas para estacionamento moi importantes que nas próximas semanas se incrementarán coa apertura de dúas fincas máis para aparcamento en Anafáns, na contorna do Centro de Saúde.

Ademais, o novo Goberno continúa traballando tamén para dotar de aparcamento a outras parroquias, como por exemplo Combarro, onde xa se está negociando con propietarios para seguir ampliando as prazas de estacionamento. 

En total, habilitaranse nestes catro aparcamentos disuasorios en San Salvador preto de 350 prazas que facilitarán a accesibilidade e o estacionamento de vehículos en zonas con moitas vivendas, establecementos comerciais e outros servizos.

Marcial García explica que os trinta días de choiva e temporais atrasaron primeiro as labores de acondicionamento das fincas e, polo tanto, tamén posteriormente a súa apertura. Con todo, indica que xa só quedan pendentes as dúas parcelas en Anafáns que, confía, poidan abrirse nos próximos días.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio