Nos últimos meses, o Goberno local reuniuse e traballou intensamente coas distintas partes implicadas para desbloquear unhas obras abandonadas a principios da pasada década. A reanudación deste proxecto permitirá ampliar o parque de vivenda, atraer novos veciños e conlevará a desaparición dos esqueletos das obras, reforzando a imaxe e a seguridade na zona.
A concelleira de Urbanismo de Poio, Rocío Cochón, anunciou este venres a inminente reanudación das obras de construción residencial na rúa Palestina, en Portosanto, paralizadas desde hai quince anos, e que suporán a creación de 93 novas vivendas.
Cochón subliñou que durante os últimos meses o Goberno local traballou intensamente coas distintas partes implicadas, e mantivo máis dunha ducia de reunións para desbloquear este proxecto, cuxas estruturas sen terminar permanecía abandonada desde principios da pasada década. Así, o reinicio das obras conlevará a desaparación destes esqueletos, mellorando notablemente a imaxe e a seguridade da zona.
Ademais, os traballos suporán ampliar o parque residencial do municipio, nun momento en que o acceso á vivenda é unha das principais inquedanzas da cidadanía, e poder atraer novos veciños a Poio.
Nese sentido, a responsable da área destacou que nos últimos dous anos, só na parroquia de San Salvador, atópanse en planificación, en execución ou finalizadas recentemente, máis de 200 novos inmobles. Ademais, recordou que o departamento traballa na determinación de solo para ampliar o parque de vivenda pública.
Finalmente, Cochón quixo poñer en valor o esforzo do Goberno local para que Poio se consolide como “o mellor lugar para vivir e para investir”, impulsando a axilidade nos trámites urbanísticos para particulares, autónomos e empresas; colaborando con veciños, administracións e sociedades e con baixadas de impostos e bonificacións, entre outras medidas.
“Somos un concello cada vez máis atractivo para familias, autónomos e empresas”, subliñou, “e o urbanismo ten un papel determinante neses avances. Un urbanismo responsable e pensado para todos”.