POIO ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO O CAMPIONATO GALEGO DE CICLOCRÓS – V CICLOCRÓS POIO MÓVESE

11/01/2024

2023. A concelleira de Deportes, Marga Caldas (BNG), acompañada por integrantes e o máximo responsable do Poio Bike Club, Francisco Albar, e do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, deron a coñecer este martes os detalles da quinta edición do Ciclocrós Poio Móvese, que o Concello organiza en colaboración co club poiense e que este ano será moi especial, xa que por primeira vez será o Campionato Galego da especialidade. Deste xeito, tras as catro probas previas, será no circuíto que se habilitará na contorna da Seca e da Reiboa onde se decidan as competicións nas categorías de elite, sub-23, junior, cadete e Máster 30, 40 e 50, tanto masculinas como femininas. Prevese a participación de máis de 300 deportistas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio