Percorrido de vehículos, actos litúrxicos e cea de confraternidade para festexar o San Cristovo en Poio

11/07/2024

Celebrarase este sábado, 13 de xullo, na Seca, para recoñecer a labor do sector transportes nun ambiente lúdico e de convivencia.

A asociación San Cristovo celebra este sábado, 13 de xullo, a tradicional festa en honra ao seu patrón, co que recoñecer a labor do sector transportes nun ambiente lúdico e de convivencia.

O alcalde, Ángel Moldes, e os concelleiros de Festexos e de Cultural, Fran Dasilva e Natalia Sabarís, participaron hoxe na presentación do programa, que xa vai pola súa décimo cuarta edición, e que inclúe actos litúrxicos, actuacións musicais e cea-baile de confraternidade.

A festa comezará ás 18.00 horas na Seca cunha concentración de vehículos. Ás 19.00 horas será a misa na Seca, cantada pola Coral de Poio, e posteriormente procederase á bendición de todos os vehículos asistentes. Contará coa actuación da agrupación folclórica local Vides Novas.

De seguido, comezará a marcha de todos os vehículos participantes polas rúas do municipio. Ás 22.00 horas será a quenda da cea de confraternidade nunha carpa instalada na Seca, que estará amenizada coa música do DJ Mario, e na que participarán máis de 250 persoas. Entre os asistentes sortearase unha estancia de fin de semana nun talaso da provincia.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio