OS XOGOS DE VERÁN ENCHERÁN LOURIDO A PRÓXIMA SEMANA DE DEPORTE E ACTIVIDADES DE LECER

12/01/2024

2023.

Os Xogos de Verán de Lourido, organizados pola asociación veciñal, cultural e deportiva de Lourido, en colaboración co Concello de Poio, celebraranse a próxima semana. Será entre o luns 24 e o sábado 29, días nas que desenvolverá a que será a súa edición número 27. A programación deste evento foi presentada este luns polo alcalde, Ángel Moldes, o concelleiro de Deportes, Cándido Muíños, e membros da asociación que organiza estes xogos. Entre o luns e o sábado, haberá competicións de fútbol 6 base, volei praia, petanca, carreiras populares, de caramelos e de bici-praia, tenis, chave e pesca.

INSCRICIÓN + PROGRAMA

Ademais, tamén poderán gozar doutras actividades como zumba, ximnasia de mantemento e manualidades e haberá pistas de obstáculos e unha xincana para a caza do tesouro. O sábado rematará cunha festa de fin de xogos no parque Costa Xiráldez, coa entrega de premios, petisco e a actuación do grupo Vides Novas. No caso da modalidade de fútbol 6 base, os equipos deben inscribirse no enderezo electrónico clubfutbolbasepoio@gmail.com, e indicar os datos de cada compoñente do equipo. Para todas as modalidades e actividades, a data límite de inscrición é o mércores 20 de xullo.

As actividades son gratuítas e están destinadas para todas as idades. Ángel Moldes destacou o éxito dun evento que cada verán reúne centos de persoas, que compiten en diferentes modalidades, e para as que os interesados en participar xa se poden anotar na web xogosdelourido.com, onde tamén atoparán información de toda a programación.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio