Os participantes dos Espazos Concilia de Poio apuran os últimos días de actividades

12/09/2024

Estas ludotecas facilitan, de xeito gratuíto, a conciliación das familias ata este venres, 6 de setembro.

A cativada que participa nos tres Espazos Concilia do Concello de Poio (Viñas, Espedregada e Isidora Riestra) apuran os últimos días de actividades ante o inminente inicio do curso escolar. As tres ludotecas, que facilitan a conciliación das vacacións escolares cos horarios laborais das familias, clausúranse este venres, 6 de setembro, tras ofrecer máis de 600 prazas gratuítas desde o mes de xullo.

Así, nestes últimos días, participaron en excursións a Vilanova de Arousa, onde a cativada visitou o Museo Valle-Inclán e participou en xogos ao aire libre, e tamén disfrutaron doutras actividades organizadas para despedir o verán, como manualidades, xogos e saídas pola contorna.

O alcalde, Ángel Moldes, amósase satisfeito por como transcorreu o desenvolvemento destes tres Espazos Concilia. “O noso obxectivo era ofrecer aos nenos e nenas un verán divertido, con moitas actividades, para disfrutar ao máximo do xogo e, ademais, socializar con outros menores”, sinala. Nesta liña, incide en que, ademais, conseguiuse facer “a custe cero para as familias, o que lles supuxo un aforro moi importante durante o verán” e, asemade, ampliouse o servizo ata practicamente o inicio das clases. Moldes recorda que “o benestar das familias é fundamental para nós, temos unha poboación xove e este tipo de iniciativas son moi importantes para axudarlles a conciliar a mellorar a súa calidade de vida”.

O Concello de Poio ofreceu este verán máis de 600 prazas para facilitar a conciliación das familias, prazas que ademais foron gratuítas grazas a unha subvención concedida pola Xunta de Galicia para cofinanciar a prestación deste servizo e que o Concello de Poio repercute, directamente, nas familias, para que a conciliación este verán sexa gratuíta.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio