OS CURSOS FORMATIVOS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA VOLVEN ENCHER O 100% DAS PRAZAS

12/01/2024

2023.

O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, o socialista Gregorio Agís, fixo entrega este xoves dos diplomas acreditativos ás preto de 40 persoas que se anotaron nos cursos de loxística e distribución con carretilla elevadora e de caixa e reposición con manipulador de alimentos, que levaron a cabo no Centro de Formación A Reiboa e que forman parte do programa impulsado desde este departamento para potenciar a formación e mellorar a efectividade na busca de emprego e inserción laboral. Cómpre lembrar que no primeiro semestre de 2023 realízase unha segunda edición do ciclo levado a cabo o exercicio anterior, que foi todo un éxito de participación. Ao igual que entón, nas catro iniciativas ofertadas completáronse o 100% das prazas, quedando en moitos casos listas de agarda.

Agís, ademais de felicitar as persoas inscritas, salientou que “temos tamén lista de agarda en varios destes cursos e procuramos sempre priorizar á veciñanza de Poio”. A programación iniciouse en febreiro co ciclo de loxística e distribución con carretilla elevadora, mentres que neste mes de marzo levouse realizouse o de caixa e reposición. A seguinte actividade terá lugar entre os días 12 de abril e 5 de maio e será para formación de expendedor de combustible. Por último, o día 26 de abril desenvolverase o último curso do programa, para recepcionista de aloxamentos turísticos. En todos os casos as clases contan por parte teórica, que se leva a cabo na Reiboa, e parte práctica en empresas especializadas nestes sectores. Gregorio Agís recorda que a organización destes cursos da reposta “ás demandas que nos transmiten os propios usuarios e usuarias” e lembra tamén que foron varias as iniciativas e accións formativas organizadas desde a Concellería de Promoción Económica co obxectivo de reforzar a formación, optimizar a busca de traballo e fomentar o emprendemento. O titular de Promoción Económica e Urbanismo incide, asemade, no descenso dos rexistros do paro que se veñen rexistrando ao longo dos últimos anos, polo que “debemos seguir traballando nesta liña, tendo en conta as necesidades da veciñanza”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio