Obradoiro de caligrafía creativa na Biblioteca de Poio para celebrar o día da lingua materna

19/02/2024

A Biblioteca Municipal de Poio acolle un obradoiro de caligrafía creativa este mércores, 21 de febreiro, para conmemorar o Día da Lingua Materna. Comezará ás 17.30 horas, baixo o título Lost in translation, que consiste nun obradoiro mixto de unha hora de duración, no que se combinan a aprendizaxe de palabras enxebres doutras linguas e a caligrafía creativa. Está dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos.

Ademais, continúa en marcha o Reto Lector 2024. Neste mes a proposta consistía en ler un poemario, mentres que en marzo os participantes se animarán cunha obra de literatura asiática. Esta iniciativa, que se estende ao logo de todo o ano, consiste en fomentar a lectura e espertar o gusto por diferentes xéneros narrativos, que son menos frecuentes, e convida aos usuarios a ler unha proposta diferente cada mes do ano.

O Concello de Poio, a través da Biblioteca Municipal, pon en marcha o Reto Lector 2024, unha iniciativa destinada a fomentar a lectura e a espertar o gusto por diferentes xéneros narrativos que convida aos usuarios a ler unha proposta diferente para cada mes do ano. As persoas que consigan completar a cartilla e superar o reto terán dobre premio: o primeiro e máis importante, o feito de ler e de descubrir e adentrarse en novos títulos, xéneros e escritores, pero tamén activarán un poder para o ano 2025, eliminando así unha sanción por devolución fóra de prazo na biblioteca municipal.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio