O treito inicial da PO-308, na Barca, xa é titularidade do Concello de Poio

12/08/2025

A Xunta de Galicia aprobou hoxe no DOG o anuncio do cambio de titularidade, un dos aspectos incluídos no convenio asinado entre as dúas administracións e que vai permitir a transformación dunha das entradas principais ao municipio.

A Xunta de Galicia publicou no DOG de hoxe o anuncio polo que aproba o cambio de titularidade do teito inicial da PO-308, na Barca, a favor do Concello de Poio.

O cambio de titularidade será efectivo desde mañá, mércores, e a partir dese momento correspóndenlle ao Concello de Poio todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como todas as funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle poida corresponder cono nova administración titular.

Trátase do tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+320, e inclúese dentro do acordo asinado entre as dúas administracións e que vai permitir a transformación dunha das entradas principais ao municipio.

Precisamente, o Concello de Poio ten actualmente en marcha o proceso para licitar as obras de humanización entre A Barca e Casal de Ferreirós, un proceso no que participan oito empresas.

Esta é a primeira fase da humanización, cun orzamento de licitación de 1,7M€. A previsión inicial continúa, polo que as obras comezarán a executarse a partir do paso de La Vuelta por Poio, o 9 de setembro, e prolongaranse aproximadamente durante un ano. Os traballos terán como principais obxectivos garantir a accesibilidade, dar prioridade ao peón e fomentar hábitos saudables. En concreto, entre outras accións, reordenarase o espazo público coa renovación do firme e pavimentación de beirarrúas; crearanse aparcadoiros, zonas de carga e descarga e estacionamento para persoas con mobilidade reducida; e instalaranse zonas axardinadas e mobiliario urbano.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio