O TECIDO EMPRENDEDOR DO PROXECTO VITA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA OFRECERÁ UNHA PRESENTACIÓN DOS SEUS RESULTADOS EN XUÑO

12/01/2024

2023.

Logo de practicamente seis meses de traballo, o Proxecto VITA, unha formación destinada a emprendedores e emprendedoras locais e que foi impulsada polo Concello de Poio a través da Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, está a piques de rematar con éxito a súa primeira edición. O concelleiro responsable desta área, o socialista Gregorio Agís, informa de que a finais de xuño terá lugar unha presentación de resultados por parte de todas as persoas que se anotaron nesta proposta. Cómpre lembrar que o ciclo foi impartido por Carla d’Pont, doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Vigo e que conta con máis de oito anos de experiencia internacional en comunicación e ventas en Austria.

Durante 2022 asesorou e formou a máis de setenta persoas que emprendían proxectos e máis de 7 países. Ademais participou activamente en comunidades de mulleres impartindo formación sobre negocios dixitais e marca persoal.

O Proxecto VITA serviu para potenciar e dar visibilidade ao talento e ás capacidades dos e das emprendedoras que tomaron parte no programa. As persoas que participaron nas sesións están vencelladas a diferentes sectores, como o da artesanía, comercio, saúde, fotografía, avogacía ou organización de eventos. Mediante a metodoloxía do programa, os  e as inscritas adquiriron novas ideas para expandir o seu negocio, ademais de consolidar unha sinerxia positiva. A mellora da marca persoal e da presenza dixital, as técnicas de investigación de mercado, a busca do cliente ideal ou o reforzo da mensaxe da marca foron algunhas das cuestións abordadas nesta primeira edición da iniciativa organizada pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo.

Novo descenso do desemprego

Por outro lado, Gregorio Agís tamén valorou os últimos datos correspondentes ao desemprego no municipio, onde o mes de abril rematou con 859 persoas nesta situación, a mellor cifra neste período dos últimos 8 anos. Por segundo ano consecutivo, o índice caeu das 1.000 persoas (en 2022 eran 985) e supón un descenso do 30% con respecto a 2017, cando se marcou o máximo con 1.242 parados e paradas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio