O SERVIZO DE RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS REALIZA UNHA MEDIA DE MÁIS DE 100 RETIRADAS AO MES

12/01/2024

2023.

Durante o ano 2022 o servizo de recollida de voluminosos retirou unhas 65 toneladas de restos localizados en diferentes espazos públicos. Son actuacións que, tal e como explica o edil de Obras e Servizos Municipais, o socialista Julio Casás, foron levadas a cabo a maiores das saídas que se levan a cabo a petición da veciñanza. Casás ten claro que esta prestación, totalmente gratuíta, “está moi consolidade e cada vez son máis as persoas que fan uso dela”, se ben recoñece que “temos que seguir incidindo na importancia de non abandonar lixo en recipientes que non se corresponden coa tipoloxía do resto ou en plena rúa”.

Neste sentido, Casás Barral advirte de que quen leve a cabo esta práctica exponse a multas superiores aos 6.000 euros. “A recollida pódese solicitar de luns a venres, de 9.00 a 13.00 horas, e ofrecémolo a toda a veciñanza. Non hai motivos para abandonar os restos de calquera maneira”, avisou, ao tempo que solicitou á cidadanía que non dubide en poñerse en contacto co Concello ou coas autoridades locais no caso de que sexan testemuña da realización dun vertido incontrolado.

Colchóns, madeira, mobles en mal estado e chatarra son os restos más habituais que se atopan os operarios cando localizan un destes vertidos. En moitas ocasións tamén se localizan restos de poda. Con respecto ás solicitudes de retirada, acumulan un maior número de tonelaxe a roupa, electrodomésticos de gran tamaño, pilas e bombillas. No último tramo de 2022, tal e como consta nos informes municipais, a recollida de voluminosos mantivo a actividade con respecto ao resto do ano, cunha media superior ás 100 peticións mensuais. O mes no que houbo unha maior actividade foi setembro, con 130 actuacións, seguido de marzo (127) e decembro (119). “As medias semanais andan preto das 30, polo que se demostra que o servizo é coñecido pola veciñanza e moi demandado. Temos que seguir nesta liña e evitar que se produzan vertidos, tanto polas consecuencias a nivel de multas como polos prexuízos que estas prácticas provocan ao concello, en relación ao coidado do medio ambiente ou ao feísmo”, opina Julio Casás.

Lémbrase que a recollida de voluminosos pode solicitarse chamando ao número de teléfono 986771185. Tamén se pode obter máis información sobre as súas vantaxes e beneficios na páxina web do Concello de Poio.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio