O San Xoán de Poio será inclusivo e silenciará as atraccións de feira para adaptalas ás persoas con autismo

20/06/2024

O xoves 27, coincidindo coa celebración da Festa Infantil na Seca, as atraccións tamén reducirán o seu prezo ao 50%.

As Festas de San Xoan de Poio volverán ser, por segundo ano, máis inclusivas para toda a cidadanía, de xeito que todos os días silenciaranse as atraccións de feira para que as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) poidan disfrutar delas. Desde a concellería de Festexos, Fran Dasilva, explica que a hipersensibilidade auditiva provócalles que os ruídos fortes lles afecten moito máis, ata o punto de converterse nunha barreira importante que lles impide gozar destas atraccións. Por iso, o Goberno local volveu negociar para que este ano se incrementen como mínimo a dúas horas diarias, de 19.00 a 21.00 horas -unha máis que o ano pasado-, o funcionamento das atraccións sen son e, deste xeito, garantir que ningunha persoa con autismo teña problemas para acceder a elas.

Ademais, por segunda vez os nenos de Poio terán unha festa dedicada para eles dentro da programación do San Xoán, o xoves 27, con inchables gratuítos, escuma e a animación de Javi Solla, que este ano se completarán cunha redución do 50% no prezo das atraccións que continúen no recito da festa ese día.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio