O PUNTO LIMPO MÓBIL DE POIO CONTOU CUNHA MEDIA DE MÁIS DE 70 USUARIOS MENSUAIS DURANTE O ANO 2022

11/01/2024

2023. O Punto Limpo Móbil de Poio, posto en funcionamento neste mandato (concretamente desde principios de 2020), mantivo unha actividade moi regular ao longo de todo o 2022. Así consta no informe elaborado pola empresa responsable do tratamento do lixo, Valoriza, no que se incide en que este servizo de carácter itinerante contou cunha media mensual de máis de 70 usuarios e usuarias. Tal e como recorda o concelleiro responsable da área de Obras e Servizos Municipais, Julio Casás (PSdeG-PSOE), o dispositivo está a disposición da veciñanza con carácter gratuíto, manténdose durante tres días á semana en diferentes emprazamentos das parroquias, a excepción de Raxó e Samieira, onde permanece operativo dous días na última semana de cada mes.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio