2023. O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, o socialista Gregorio Agís, informa de que a vindeira semana retomaranse as charlas informativas que forman parte do programa EcoInnova Poio. Esta é unha iniciativa organizada polo departamento municipal que iniciou a súa actividade o pasado mes de decembro, co obxectivo de promover a optimización e mellora dos recursos enerxéticos, cunha maior sostibilidade e axudando a particulares e negocios a reducir custes. Entre as accións que se impulsan figuran, ademais das devanditas charlas, servizo de asesoramento informativo vía ‘on line’ ou visitas ‘in situ’ para analizar os locais e propoñer medidas para conseguir aproveitar ao máximo a enerxía eléctrica “pagando un prezo axeitado”.
Ángel Moldes: “O mellor recoñecemento que podemos facerlle é amosar este consenso e unidade que hoxe demostramos para agradecer a...LER MÁIS