O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE MAIOS ABRIRASE O VINDEIRO 20 DE ABRIL

12/01/2024

2023.

A Concellería de Cultura informa de que o vindeiro día 20 de abril abrirase o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do Concurso dos Maios, que terá lugar o día 1 de maio, a partires das 11.00 horas, na Praza do Mosteiro. O período para anotarse permanecerá operativo ata o 26 de abril, inclusive, e a tramitación deberá levarse a cabo a través da Sede Electrónica do Concello (www.concellopoio.sedelectronica.gal). No caso de optar pola vía presencial, requirirase pedir cita previa. Nas solicitudes deberán constar o nome, enderezo e teléfono de contacto ou correo electrónico da persoa representante do maio.

As bases do concurso foron aprobadas este martes na Xunta de Goberno Local. A concelleira de Cultura, a nacionalista Raquel Rodríguez, xa mantivo hai uns días unha reunión con representantes do tecido asociativo e cultural do municipio para dar informar sobre os detalles do evento. Nesta edición a contía total dos premios ascende a 6.800 euros. Polo mero feito de participar cada maio recibirá 300 euros e dúas roscas. Con respecto aos premios, repartiranse entre os tres primeiros clasificados nas categorías ao mellor conxunto (220, 180 e 150 euros, respectivamente) , mellor maio, mellores coplas, mellor coroa, mellor actuación e mellor barco galego tradicional. Nestes cinco subgrupos os premios serán de 150, 120 e 100 euros, respectivamente.

O xurado estará composto polos membros da Comisión Información de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Poio.A concelleira de Cultura anima á veciñanza a participar no que é un dos eventos máis tradicionais e emblemáticos de Poio e que forma parte da axenda cultural Verbas en Flor

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio