O Pazo de Besada acolleu onte pola tarde a clausura do programa Saudemente, ao que asistiron 120 maiores de todas as parroquias que, durante todo o curso escolar, participan nesta actividade que se desenvolve de xeito itinerante na Casa Rosada, Seca, Campelo, Combarro, Raxó, Samieira e Vilariño.
O alcalde Ángel Moldes e a concelleira de Benestar e Igualdade, Nati Torres, participaron na clausura da actividade, cuxo obxectivo é fomentar a socialización dos participantes e traballar o coidado emocional mentres fan exercicio físico ou exercitan a memoria.
Fixeron entrega dos diplomas a todo o alumnado e outorgaron unhas distincións especiais, “Orgullo de vida”, aos participantes que superan os 90 anos.