O NADAL DE POIO INAUGÚRASE ESTE SÁBADO, 2 DE DECEMBRO

13/01/2024

2023.

O Nadal de Poio inaugúrase este sábado, 2 de decembro, na Praza do Mosteiro ás 18.00 horas. Arranca así toda a programación elaborada polo Concello de Poio para ofrecer un Nadal diferente, con personalidade propia, único, de todos e para todos. Un Nadal con contido para todas as idades e en todas as parroquias, no que as Aldeas de Nadal van ser un punto de encontro e, o máis importante, para o que contan coa colaboración de todas as entidades e colectivos locais.

Así o explicou esta mañá o alcalde, Ángel Moldes, durante a presentación da programación de Nadal no exterior do Palacete de Besada, á que asistiron representantes de máis de cuarenta asociacións, colectivos e entidades locais, así como dos colexios do municipio, que colaboran co Nadal de Poio. 

“Queremos dar contido ás prazas e aos lugares máis emblemáticos de Poio”, e así nas sete Aldeas do Nadal que están repartidas en todas as parroquias organizaranse actividades nas que están implicados todos os colectivos: desde teatros, batucadas, obradoiros, belén vivente, contos, panxoliñas, música, chocolate quente… Todas as actividades son de balde.

Como novidades, ademais das Aldeas de Nadal, inclúense un tren máxico que estará instalado na Seca, lugar onde tamén se instalará a carpa Poio Máxico entre o 22 de decembro e o 6 de xaneiro. Unha carpa na que haberá zona de xogos e obradoiros todas as tardes. Tamén incorporan a esta programación a despedida do Nadal cunha cabalgata o 6 de xaneiro. Os Reis Magos farán dobre parada en Poio, o día 5 para visitar todas as parroquias, e o 6 para despedirse de todos os nenos de Poio e de toda a comarca desde Poio, cunha cabalgata moi participativa, coa colaboración das anpas e das comparsas, que rematará cunha gran festa de animación infantil no entorno da Carpa.

Consulta toda a programación

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio