O GOBERNO LOCAL PROXECTA O PRIMEIRO  CIRCUÍTO DE PUMP TRACK DE POIO NAS INMEDIACIÓNS DA SECA

14/01/2024

2024.

O Goberno local proxecta o primeiro circuíto de pump track de Poio, que se instalará nas inmediacións da Seca. Este espazo ampliará a oferta deportiva e de ocio ao aire libre no municipio, xa que poderase percorrer en bicicleta, patíns e monopatín.

A pista contará con pendentes e curvas de diferentes desniveis, que os usuarios completarán valéndose da inercia. Segundo explica o alcalde, Ángel Moldes, “é una proposta deportiva e de lecer innovadora, que estou convencido que espertará grande interese entre a nosa veciñanza, porque non só inclúe varias prácticas deportivas, senón que, ademais, tamén abarca a moitos usuarios, desde os máis pequenos ata adultos”. Ademais, recorda que en Poio hai grande interese polo ciclismo: “Temos un clube que cada ano suma novos afeccionados, unha escola municipal que non para de medrar, e este circuíto ofrece un atractivo máis para todos eles. A nosa idea é ofrecer posibilidades para todas as modalidades deportivas que hai no noso municipio”.

Este será un dos proxectos que Poio incluirá no Plan extraordinario de infraestruturas deportivas da Deputación de Pontevedra, que destina a este concello máis de 105.000 euros. 

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio