O GOBERNO LOCAL IMPULSA A PARTICIPACIÓN NA ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS COA CONVOCATORIA DO CONSELLO VECIÑAL

13/01/2024

2023,

O Goberno local convoca o Consello de Participación Veciñal, para impulsar as aportacións e suxestións destes colectivos aos orzamentos do Concello de Poio do ano 2024. A sesión celebrarase o xoves 23, ás 20.00 horas no salón de plenos, e nela están incluídas, ademais dos representantes dos grupos municipais, representantes das asociacións veciñais do concello.

O alcalde Ángel Moldes explica que convocan aos colectivos para escoitar as súas propostas e non como un mero trámite para dar exclusivamente conta dun documento. “Queremos ser un goberno de todos e para todos en feitos e acción de goberno, por iso para nós é moi importante escoitar e manter un diálogo constante cos veciños”, sinala.

Nesta liña, engade que “queremos que os colectivos coñezan cales son os nosos plans para o próximo ano, tendo en conta a situación económica do concello, e tamén queremos saber cal é a súa opinión. É importante que os veciños tomen parte nos asuntos importantes do concello, e os orzamentos para o ano 2024 son o documento máis relevante, o que marca a nosa acción e xestión para os próximos doce meses”.

Ademais, no Consello de Participación Veciñal tamén se tratará a futura ordenanza municipal de terrazas, que buscará dar resposta a unha demanda histórica do municipio, cun documento real e que recolla a realidade de Poio. “Queremos contar coa opinión de todos, é importante que teña o maior consenso e apoio posible. Non se trata só de ofrecer unha estética homoxénea, tamén ten que resolver os problemas da hostalería de Poio e garantir a convivencia entre negocios e veciños”, conclúe.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio