O Encontro de Embarcacións Tradicionais reúne esta fin de semana en Combarro a preto de 40 participantes

01/09/2025

Espérase que o público encha esta noite a Praza da Chousa para gozar coa música de Miss Caffeína. As sesións vermús con música en directo, son outros dos reclamos xunto cos petiscos que reparten as foodtrucks Galicia Sabe Amar.


29, agosto, 25.- A Festa do Mar continúa enchendo as rúas de Combarro con propostas gastronómicas, culturais e musicais para poñer en valor a cultura e identidade mariñeiras. Entre hoxe e o domingo celebrarase o Encontro de Embarcacións Tradicionais, organizado polo Club Mariño A Reiboa, que conta con preto de corenta participantes chegados de toda a provincia.

Desde esta tarde, as embarcacións comparten protagonismo co resto de programación. Pola tarde, participarán nunha navegación libre pola ría, e xa mañá sábado a xornada comezará ás 10.30 horas cun pasamares coa pandereteiras da Armadiña e do Ronsel. A regata a remo será as 13.00 horsa e xa, pola tarde, disputaranse a XXIV Regata da Pamplina e a IV proba puntuable Copa Morling. Para o domingo está prevista a navegación a Tambo, cun roteiro guiado á illa para as tripulacións en colaboración con Irmandade Illa de Tambo e, xa pola tarde, navegación libre pola ría como despedida.

Na Praza da Chousa, as exposicións da Carpa-Museo continúan recibindo visitantes, que se interesan polas artes de pesca, as réplicas de barcos, as fotografías antigas e presentes e polo ciclo de cine do Mar. A sesión vermú do mediodía, hoxe venres coa música en directo de La Mmarca, son outro dos reclamos, xunto coas variedades de petiscos que reparten as foodtrucks Galicia Sabe Amar.

Pola tarde será protagonista a Mostra da Canción Mariñeira, que hoxe reúne ás agrupacións Son das Corbaceiras, Adelaida e Os Chispas do Lérez, e o domingo a Pontis Veteris e As Abeleiras.

Con respecto aos concertos, o primeiro día de festa foi unha xornada para todos os gustos e todas as idades: os máis pequenos bailaron e cantaron cos Piñeiriños, os siareiros das orquestras gozaron co espectáculo La Historia de La Verbena da Ocaband, e os máis «rockeiros» vibraron co directo de Grupo América. Para esta noite espérase que o público encha a Praza da Chousa para gozar do directo da banda Miss Caffeína, que chega a Combarro tras participar nos principais festivais do país. Mañá, sábado, será a Gala do Mar cos directos de Natalia e de Coti.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio