O EDIL DE FESTEXOS ANUNCIA I FESTIVAL CHALANA, QUE TRAERÁ EN AGOSTO Á ORQUESTRA PANORAMA E A ÁLVARO DE LUNA

11/01/2024

2023. O concelleiro de Festexos, Xosé Luís Martínez (BNG), deu a coñecer os detalles dunha das grandes novidades do programa Verán en Poio 2023. Trátase do Festival Chalana, que traerá ao municipio dúas grandes actuacións musicais. En concreto, a primeira cita terá lugar o día 2 de agosto na parroquia de Samieira, onde haberá un gran espectáculo a cargo da Orquestra Panorama. Unha xornada máis tarde, o día 3, será a quenda de Raxó, a onde chegará o artista andaluz Álvaro de Luna. Tal e como explica Martínez Blanco, o Festival Chalana mantén a filosofía pola que aposta o Concello de Poio á hora de expandir por todas as parroquias do concello concertos a cargo de músicos e grupos de renome a nivel nacional e internacional.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio