2023.
O Entroido xa está en marcha en Poio. O pistoletazo de saída tivo lugar este domingo, coa recuperación do tradiciónal Desfile, que dá inicio a unha programación que se prolongará ata ben entrado o mes de marzo. Centos de persoas congregáronse entre a Praza da Granxa de Campelo e A Seca para gozar cos espectáculos, os disfraces, os deseños e o colorido da espectacular comitiva, que contou cunha alta participación. O Concello de Poio repartiu máis de 6.500 euros en premios entre os mellores disfraces, elixidos polo xurado formado polos membros da Comisión de Cultura.
A concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez (BNG), fai un balanzo moi positivo desta gran xornada e sinala que “tivemos un inicio inmellorable do Entroido. Logo de dous anos de ausencia, a veciñanza demostrou que tiña ganas de volver a gozar con esta festa”, sinalou, ao tempo que expresou o seu agradecemento a todas e todos os participantes, así como A Asociación Ronsel polo seu traballo e agarimo na elaboración do Galo Fodorico, ao persoal municipal, Policía Local e a Protección Civil polo labor realizado á hora de establecer o pertinente dispositivo de seguridade e circulación.
CLASIFICACIÓNS
PREMIO ESPECIAL CHOQUEIR@
1. Bus Parroquial
2. As Lambetadas do Entroido
3. O Mellor Banco do Mundo
ESPECIAL ANIMACIÓN
1. Tambo Tentaciones
2. Enterro Real
3. As Curuxas de Campelo
PREMIOS CATEGORÍA INFANTIL
INDIVIDUAL
1. Optimus Prime
2. Jet Super Wins
3. O Emérito vai para Sangenjo
PARELLAS
1. Os Polos de Lourido van de marcha
GRUPOS
1. Río
PREMIOS CATEGORÍA ADULTO
INDIVIDUAL
1. León e o seu domador de carozos de millo
2. A Raíña das noces
3. Casa do Sinda
PARELLAS
1. Reflexo das máscaras do Entroido
2. O Faro e a Mariñeira
3. Pero… Que jallo é!
GRUPOS
1. Got Talent
2. Trolls
3. Tambo Tentaciones
4. O Bosque Encantado
5. Poio en Redes
6. Desprotesión Sivil
7. Enterro Real
8. Kira’s Party
PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO 👉 http://www.concellopoio.gal/pdf/2023/febrero/ENTROIDO%20POIO%