O CONCELLO REQUIRE Á XUNTA DE GALICIA A LIMPEZA DA PARCELA DA QUE É TITULAR NOS TERREOS PROXECTADOS PARA ACOLLER O POLÍGONO DE FRAGAMOREIRA

11/01/2024

2023. O Concello de Poio vén de enviar un requirimento á Xunta de Galicia para que acometa a limpeza da parcela da súa titularidade, situada no lugar de Fragamoreira, nos terreos destinados ao polígono empresarial. Segundo puido constatar a Administración municipal, o estado actual no que se atopa este espazo non se axusta ao establecido pola Lei 7/2012 de 28 de xuño de Montes de Galicia, que establece que no apartado correspondente ás redes secundarias de faixas de xestión de biomasa “nos primeiros 30 metros da faixa non poderá haber especies que favorezan a propagación do lume como piñeiros, acacias e eucaliptos, toxos ou xestas”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio