2023. Un ano máis, o Concello de Poio contratará de xeito temporal a persoas en situación de desemprego, co obxectivo de reforzar os servizos que se prestan desde os diferentes departamentos municipais. Trátase dunha iniciativa que conta cun investimento superior aos 235.000 euros e que se financia a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra (concretamente, pola Liña 3). O edil responsable da área de Persoal, Xosé Luís Martínez (BNG), explica que serán un total de 23 estes reforzos, algúns dos cales xa están contemplados para este mes de xaneiro. Con respecto á duración dos contratos, oscilarán entre os 3 e os 12 meses.
O Concello de Poio iniciou xa a distribución do calendario ilustrado correspondente ao ano 2026 entre a veciñanza e o...LER MÁIS