O Concello inicia o procedemento para distinguir coa Medalla de Ouro a Protección Civil de Poio e á Garda Civil

21/08/2025

Poñen en valor as tres décadas de Protección Civil, demostrando que son un exemplo de como o traballo en equipo e o altruísmo poden marcar a diferencia na vida das persoas. Destacan o compromiso, a dedicación, a presencia e a colaboración constante da Garda Civil co municipio.

O Concello de Poio inicia o procedemento para distinguir coa Medalla de Ouro aos corpos de Protección Civil de Poio e da Garda Civil. Unha proposta feita polo alcalde, Ángel Moldes, para trasladarlles o agradecemento e recoñecemento da veciñanza de Poio pola súa incansable e importante labor no municipio. A proposta foi aprobada esta mañá na Comisión Informativa de Facenda.

A medalla do municipio é unha das distincións máis altas previstas no Regulamento Municipal, e está dirixida a premiar servizos relevantes e excepcionais prestados en beneficio da vida administrativa, cultural, artística, urbanística, industrial, económica… do concello de forma desinteresada e altruísta.

Desde o Goberno local poñen en valor as tres décadas de servizo de Protección Civil de Poio, demostrando que son un exemplo de como o traballo en equipo e o altruísmo poden marcar a diferencia na vida das persoas. Actualmente Protección Civil de Poio está composto por máis de 35 persoas voluntarias, que entregan o seu tempo para axudar aos demais. Son os primeiros que chegan en situacións de emerxencia, cos que sempre se pode contar para calquera tipo de incidencia, desde inundacións, ata temporais, accidentes, extinción de incendios, pero tamén en todos os operativos de seguridade de eventos culturais, lúdicos e deportivos nos que velan porque todo transcorra con normalidade e transmiten confianza e tranquilidade mentres eles renuncia a disfrutar deles.

Ademais, tamén queren enxalzar o compromiso, a dedicación, a presencia e a colaboración permanente da Garda Civil co municipio. Un corpo cunha relación histórica e un arraigo importante en Poio, ofrecendo apoio en emerxencias, asistencia e prevención, para garantir en todo momento a máxima seguridade á cidadanía.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio