O CONCELLO DOTA Á PISTA POLIDEPORTIVA DA PRAZA DA GRANXA DUN NOVO PECHE A MODO DE CUBERTA

12/01/2024

2023.

A concelleira de Deportes, Marga Caldas (BNG), informa de que a pista polideportiva situada na Granxa, na localidade de Campelo, conta desde hai uns días cun novo peche e rede a modo de cuberta. Trátase dunha actuación que o Concello levou a cabo para garantir a convivencia entre os usuarios e usuarias destas instalacións e a veciñanza, no que é un dos grandes puntos de encontro existentes neste núcleo da parroquia de San Xoán.

“Con esta medida evítanse posibles molestias a viandantes, transeúntes e residentes cando a mocidade e as crianzas están a facer uso da pista, na que se poden practicar deportes como baloncesto ou fútbol”, explicou a edil de Deportes, que lembra que na Granxa xa se efectuaron nos últimos meses tarefas de posta a punto de instalacións de lecer. Este foi o caso do parque infantil, no que se procedeu ao arranxo e reparación de elementos e xogos que se atopaban en mal estado. Ademais, tamén se procedeu á substitución do valado de madeira que rodea o parque. A maiores, habilitouse céspede sintético, para maior seguridade e comodidade das crianzas.

Marga Caldas sinala que “continuamos apostando por este tipo de actuacións, encamiñadas a consolidar zonas de lecer de calidade ao aire libre, seguindo coa nosa filosofía promovida a través da campaña Poio en Verde”. Así, a concelleira nacionalista avanza que nos vindeiros días, en cando as condicións meteorolóxicas así o permitan, tamén se procederá a efectuar traballos de mellora no parque infantil situado no lugar de Vilariño, pertencente tamén á parroquia de San Xoán.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio