O Concello de Poio, coa colaboración de Acción contra el Hambre, lanza un curso de limpeza hospitalaria e de edificios para mellorar a empregabilidade

21/05/2025

É unha formación gratuíta, cunha duración de 100 horas dirixida a persoas interesadas en incorporarse á limpeza profesional, un dos sectores con máis demanda na actualidade.

O Concello de Poio, en colaboración coa Fundación Acción contra el Hambre, pon en marcha un novo “Curso de limpeza hospitalaria e de edificios”, unha formación gratuíta de 100 horas dirixida a persoas interesadas en incorporarse ao sector da limpeza profesional, un dos máis demandados actualmente.

O curso desenvolverase do 26 de maio ao 10 de xuño, en horario de 9.30 a 13.30 horas, e incluirá 60 horas de formación teórica, que se impartirá na Casa Rosada, e 40 horas de prácticas profesionais, organizadas segundo a dispoñibilidade do alumnado e das necesidades das emprsas colaboradoras.

Hai 15 prazas dispoñibles, con prioridade de participación para a veciñanza de Poio. As persoas interesadas poden anotarse no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Poio, no teléfono 986 770 001 (extensión 1502).

Esta formación completa a oferta de cursos que se están desenvolvendo desde o Concello de Poio, dirixidos de xeito especial para persoas en situación de desemprego e que, anuncian, seguirán organizándose ao longo do ano con propostas novas. Nesta liña, tamén recentemente se organizou, en colaboración coa fundación Acción Contra el Hambre cursos de atención ao cliente en comercio supermercado e de carnicería e charcutería, nos dous casos conseguindo un importante grao de inserción laboral.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio