O Concello de Poio, coa colaboración de Acción contra el Hambre, lanza o curso “Persoal polivalente de supermercado” para mellorar a empregabilidade

17/03/2026

O curso desenvolverase do 13 ao 23 de abril, en horario de mañá na Casa Rosada.

O Concello de Poio, en colaboración coa Fundación Acción contra el Hambre, pon en marcha o curso “Persoal polivalente de supermercado”, unha formación gratuíta dirixida a persoas en situación de desemprego e interesadas en incorporarse ao sector servicios, un dos máis demandados actualmente.

O curso desenvolverase do 13 ao 23 de abril, en horario de mañá na Casa Rosada. Inclúe clases teóricas e prácticas profesionais, organizadas segundo a dispoñibilidade do alumnado e das necesidades das empresas colaboradoras.

Hai 15 prazas dispoñibles, con prioridade de participación para a veciñanza de Poio. As persoas interesadas poden anotarse no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Poio, no teléfono 986 770 001 (extensión 1502).

Esta formación completa a oferta de cursos que se están desenvolvendo desde o Concello de Poio, dirixidos de xeito especial para persoas en situación de desemprego e que, anuncian, seguirán organizándose ao longo do ano con propostas novas. Nesta liña, tamén recentemente se organizou, en colaboración coa fundación Acción Contra el Hambre cursos de limpezas hospitalarias e de edificios, atención ao cliente en comercio supermercado e de carnicería e charcutería, nos tres casos conseguindo un importante grao de inserción laboral.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio