2023. A campaña solidaria ‘Eu Son Gaiat@’, impulsada de xeito transversal por varios departamentos municipais do Concello de Poio, vai tomando forma. Esta semana as concelleiras de Benestar Social e Mocidade, a socialista Rosa Fernández, e a de Cultura e Educación, a nacionalista Raquel Rodríguez, tomaron parte nunha reunión con representantes do tecido educativo do municipio, para promover a iniciativa nos colexios e no IES. A intención é aproveitar a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, o vindeiro 30 de xaneiro, para reunir fondos para axudar ao orfanato Casa do Gaiato, situado en Mozambique, no que conviven preto de 150 menores sen familia, vítimas dos conflitos bélicos e da pandemia do SIDA.
Este ano centrarase en homenaxear ás persoas que impulsaron esta festa que celebra a súa XXXVI edición. Azúcar Moreno actuará...