O CONCELLO ACADA UNHA SUBVENCIÓN DE 300.000 EUROS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E ACTUACIÓN DE MELLORA NO CASCO HISTÓRICO DE COMBARRO

12/01/2024

2023.

O Concello de Poio disporá de 300.000 euros para levar a cabo melloras en inmobles e vivendas que pertenzan á Area de Rehabilitación de Combarro (ARI). Estes fondos acádanse ao abeiro da convocatoria aberta por primeira vez en 2022 polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, que permite obter subvencións dos fondos europeos Next Generation, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Tamén forma parte desta iniciativa o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.Tal e como explica a concelleira responsable do departamento de Patrimonio, a nacionalista Marga Caldas, estas axudas irán destinadas a inmobles nos que polo menos o 50% da superficie edificada sobre rasante teña un uso residencial de vivenda.

A contía dos importes en cada caso dependerá do grao de eficiencia enerxética acadado coa actuación de rehabilitación que se execute. Deste xeito, poderase cubrir desde o 40% ao 80% do orzamento, cun máximo por vivenda de 29.425 euros. Ademais, tamén se contempla unha achega adicional, de ata 12.000 euros, en caso de que fose necesaria a retirada de elementos con amianto). Outra das características do convenio é que a subvención pode chegar ao 100% do investimento para persoas propietarias que se atopen nunha situación económica vulnerable.

Por outra banda, parte destes 300.000 euros tamén poderán investirse en actuacións impulsadas desde o Concello de Poio, que sirvan para urbanizar ou mellorar a contorna do ARI, unha liña na que xa se vén traballando ao longo dos últimos tanos. Marga Caldas recorda que na páxina web do Concello de Poio existe un espazo específico sobre o ARI, no que é posible descargar documentación e resolver dúbidas. Así mesmo, tamén é posible solicitar asesoramento chamando ao número de teléfono 986770001 (extensión 1241) ou enviando un correo electrónico á dirección ari_combarro@concellopoio.gal. A oficina do ARI tamén dispón de horario de atención ao público, de luns a venres de 9.00 a 14.30 horas (e mércores de 17.00 a 20.00 horas, neste caso con cita previa).

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio