O ARTISTA ÁLVARO DE LUNA ACTÚA O XOVES 3 DE AGOSTO EN RAXÓ

12/01/2024

2023.

O compositor e cantante Álvaro de Luna ofrecerá un concerto aberto e gratuíto en Raxó o próximo xoves, 3 de agosto (23.00 horas) dentro do Festival Chalana, organizado polo Concello de Poio. Este festival celébrase os días 2 e 3, polo que un día antes da actuación do artista andaluz subirase ao escenario en Samieira, en Río de Bois, a orquestra Panorama, tamén ás 23.00 horas e con entrada gratuíta.

Tras arrasar coa súa xira “Levantemos al sol tour 2022” en España, Portugal e varios países de Latinoamérica, neste ano 2023 Álvaro de Luna despide o seu primeiro disco en solitario con oitos concertos especiais baixo o paraugas do que denominou “L.A.S. Final Show”. O artista andaluz chega no seu momento máis doce da súa carreira en solitario, con máis de 3,2 millóns de oíntes mensuais en Spotify e cinco discos de platino. Entre algúns dos temas que contén este disco, inclúense singles como “Juramento eterno de sal”, París”, “Duele”, ademais doutros temas novos como “Flores en abril”, “Quizás”…

A Orquestra Panorama, unha das principais formacións da verbena nacional, traerá a Samieira o seu espectáculo “Life & Music Tour”, unha viaxe ao centro da música.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio