O alcalde recibe ao alumnado de 3º e 4º do CEIP Isidora Riestra para explicarlles o funcionamento do concello

03/02/2024

O alcalde Ángel Moldes e a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, recibiron esta mañá na Casa do Concello ao alumnado de 3º e 4º do CEIP Isidora Riestra, que tiveron a oportunidade de coñecer máis polo miúdo o funcionamento da administración local. Ángel Moldes guiou un percorrido por diferentes oficinas municipais, no que se lles explicou o traballo que se desenvolve en cada unha delas, así como pola Alcaldía, e remataron no salón de plenos.

Alí, a rapazada preguntou sobre moitas cuestións, entre as que destacaban a elección de concelleiros e funcionamento do pleno, outras relacionadas coa labor de alcalde, coas obras e servizos e incluso, houbo tempo para falar dos gustos e das afeccións.

Antes de rematar a sesión, Ángel Moldes fíxolles entrega dun pin co escudo de Poio e dun libro de preguntas e respostas sobre o municipio como recordo do seu paso polo concello.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio