Música, sardiñada e festa infantil para gozar da celebración de San Antón, en Samieira, do 13 ao 15 de xuño

12/06/2024

O concelleiro de Festexos, Fran Dasilva, destaca “a labor importante das comisións de festas do municipio, un traballo fundamental para manter e potenciar as festas patronais do noso concello”.

O concelleiros de Poio, Fran Dasilva e Manuel Domínguez, participaron esta mañá, xunto a representantes da Comisión de Festas, na presentación da programación da Festa de San Antón, que se celebra do 13 ao 15 de xuño en Samieira e que conta cunha ampla programación para todas as idades.

A festa comezará o xoves, ás 21.00 horas coa música da orquestra Los Satélites, na praza de Alfredo Romay. O venres, a partir das 18.00 horas a cativada será a protagonista, cunha festa infantil que inclúe inchables acuáticos, escuma e agasallos. O sábado, a alborada de Vides Novas e da Escola de Música Tradicional de Poio percorrerán as rúas, mentres que ás 12.00 horas celebrarase a misa solemne cantada polo coro Virxe de Fátima. Xa pola tarde, a partir das 20.00 horas, organizarase unha degustación gratuíta de sardiñas, cortesía de Peixes e Mariscos Sami, para rematar coas actuacións de Os Queimatasas, Pandereteiras do Ronsel e a artista Laura Ocampos.

O concelleiro de Festexos, Fran Dasilva, agradeceu o traballo das comisións de festas do municipio e destacou “a labor importante das comisións de festas do municipio, un traballo fundamental para manter e potenciar as festas patronais do noso concello”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio