Aproveitando a apertura dos dous carrís de circulación na Avenida da Barca durante a Semana Santa, o Concello de Poio levou a cabo traballos de mellora na sinalización horizontal da rúa José Pernas Peña. Esta vía funciona como desvío alternativo durante as obras da Avenida da Barca, que desde hoxe xa está operativa con total normalidade. En concreto, procedeuse ao pintado de todos os pasos de peóns co obxectivo de mellorar a visibilidade e a seguridade da cidadanía.
O Concello de Poio fai un chamamento á responsabilidade da veciñanza para cumprir coa obriga de manter limpas as fincas...LER MÁIS