MARGA CALDAS CONFIRMA QUE A REMODELACIÓN INTEGRAL DAS PISTAS DE MONTE BALDÍO ESTÁN PENDIENTE DAS AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS

12/01/2024

2023.

A concelleira de Deportes, a nacionalista Marga Caldas, informa de que o Concello de Poio continúa completando pasos de cara a completar a tramitación necesaria para poder acometer o proxecto remodelación integral das pistas de tenis de Monte Baldío, na parroquia de Raxó. Segundo apuntou este venres a edil responsable desta área, a Administración local xa remitiu as solicitudes de autorización para as obras ás Consellerías de Educación e de Medio Ambiente, dependentes da Xunta de Galicia.

“Unha vez que teñamos o visto bo de ambas entidades xa poderemos proceder á licitación e contratación dos traballos, que tamén serán explicados con detalle á veciñanza”, asegura Caldas Moreira, que lembra que a transformación da zona será en diferentes fases, ata consolidar estes equipamentos “como un revulsivo para a parroquia de Raxó e para Poio, así como para concellos limítrofes, no eido deportivo”. Así, na primeira destas fases apóstase pola remodelación e ampliación das pistas, a nova cuberta e o adecentamento da contorna. “Suporá un salto cualitativo moi importante”, corroborou a responsable de Deportes.

A edil do Goberno local ten claro que a actuación é moi necesaria para transformar, ampliar e poñer en valor unhas instalacións que contan cun gran número de usuarios e usuarias. O proxecto no que está a traballar a Concellería contempla non só a dotación dunha cuberta, o que permitirá facer uso das pistas nas xornadas nas que as condicións meteorolóxicas non acompañen, senón que tamén prevé a súa mellora e ampliación, o que permitirá que se poidan acoller partidos de individuais e dobres, por exemplo. Marga Caldas deixa claro que a redacción do proxecto, que se baseou nun estudo previo no que se aposta pola transformación total da infraestruturas a través de diferentes fases, é o reflexo do traballo consensuado en colaboración co tecido social de Raxó nas reunións que mantivemos nos últimos meses para abordar este tema”, engadiu a concelleira nacionalista.

Marga Caldas ten claro que esta actuación servirá para poñer “aínda máis en valor” o emprazamento situado nas proximidades do CEIP Espedregada. Este proxecto corresponde a unha primeira fase que se centrará na mellora das pistas e na dotación dunha cuberta, mediante un panel ‘sandwich’ illante. Tamén se instalarán novos elementos e se dotará á infraestrutura de luminaria de última xeración. “Entendemos que agora mesmo o prioritario é acometer estas reformas, sen renunciar de cara ao futuro á posibilidade de ampliar o equipamento deportivo en Monte Baldío”, declara Marga Caldas. Outro feito a ter en conta é que as obras serán totalmente respectuosas coa contorna.

A edil de Deportes lembra que desde esta Concellería “temos unha implicación clara e incuestionable á hora de promover espazos, instalacións e infraestruturas que faciliten o deporte de formación e a práctica de hábitos saudables”, xa que “o deporte é saúde”, sen esquecer tamén o aspecto competitivo.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio