Máis de 40 nenos participaron na Semana Máxica de Poio, con xogos, excursións e acampada

09/08/2025

A Festa da Xuventude que se celebrou onte foi un éxito e congregou a mozos e mozas de todo o municipio e de concellos limítrofes para gozar de seis horas de música urbana e talento galego.

Máis de 40 nenos e nenas participaron estes días na Semana Máxica do Concello de Poio, unha iniciativa lúdica destinada para a mocidade e que inclúe aloxamento, xogos, obradoiros, excursións e veladas nocturnas, todo nun ambiente de convivencia e diversión.

O alcalde, Ángel Moldes, compartiu esta mañá almorzo cos participantes da segunda quenda, alumnado de 5º e 6º de primaria e así coñecer as súas impresións e opinións da experiencia, que incluíu actividades como sendeirismo, expresión artística, xogos de grupo e obradoiros creativos. O rexedor destacou o éxito e a importancia de organizar este tipo de iniciativas para a mocidade, para que gocen dun verán de experiencias únicas, e lembrou que este verán o Concello de Poio puxo en marcha un amplo abano de actividades para que a rapazada pase un verán inesquecible.

Hoxe foi día de despedida no campamento, logo de tres días regresan aos seus fogares, e a concelleira de Mocidade, Tamara González, tamén se achegou ata Samieira para despedir ao grupo e recordou que a Semana Máxica súmase a unha programación de verán moi potente e intensa dirixida á mocidade, con actividades que abranguen desde campamentos de teatro e dixitais, ata propostas como os MiniCampamentos ou o Campus de Voluntariado Costa Azul impulsados pola Xunta, ou os festivais musicais Senda do Mar e Festa da Xuventude.

ÉXITO DA FESTA DA XUVENTUDE DE SAMIEIRA

Precisamente, o Concello de Poio, en colaboración coas asociacións e entidades desta parroquia, celebrou onte a Festa da Xuventude en Samieira, un evento que foi un éxito e que congregou a mozos e mozas de todo o municipio e de concellos limítrofes para gozar de seis horas de música urbana e talento galego, da man dalgúns dos nomes máis prometedores da escena DJ galega: Olalla Rodríguez, Aitor Alfonsín, Rubén Rey, Hugo Martínez, Borja Solla e MJR.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio